✨ No CEIP Ramón Cabanillas desenvolvéronse hoxe dúas sesións do obradoiro "Pasando a bóla, xogando para cambiar", unha actividade de "Role Play" centrada na loita contra o acoso escolar. 💬🎲
A través de xogos de rol, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de poñerse na pel doutras persoas, comprendendo mellor as emocións e as consecuencias do acoso. 🚶♀️🚶♂️ Foi un espazo seguro para reflexionar, aprender e fomentar a empatía entre compañeiros. 👫👫
Este tipo de actividades son fundamentais para concienciar e promover valores como o respecto, a tolerancia e a convivencia nas aulas. O cambio comeza con pequenos xestos, e hoxe, no Ramón Cabanillas, demos un gran paso adiante! 👏🌟
*Actividade financiada polo Concello de Santiago, coa colaboración do CEIP Ramón Cabanillas
