Ir al contenido principal

Entradas

A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza - CSC do Castiñeiriño

 🎭✨ Hoxe tivemos unha tarde chea de risas e diversión no teatro do CSC do Castiñeiriño coa representación da encantadora historia de "A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".  🐾💩 Grandes e crianzas gozaron ao máximo desta historia tan divertida e sorprendente, chea de momentos cómicos que nos fixeron desfrutar do teatro a tope. 🎉🎟️  Que ben o pasamos! Non hai mellor plan que compartir boas historias en familia! 👨‍👩‍👧‍👦💫 *Actividade financiada polo Concello de Santiago, coa colaboración da Rede de Centros Socioculturais
Entradas recientes

"Crea o teu animal" no CSC do Castiñeiriño

 ✨🖌️ No Centro Sociocultural do Castiñeiriño, a creatividade non ten límites!  Estamos a crear animais do máis orixinais e peculiares nun obradoiro de arte que, como sempre, consegue sorprendernos. 🦄🐉 *Actividade financiada polo Concello de Santiago, coa colaboración da Rede de Centros Socioculturais

Pasando a bóla, xogando para cambiar. CEIP Mestre Rodríguez Xixirei

 É unha grande satisfación sumar esforzos para previr o acoso escolar co noso proxecto Pasando a Bóla ! Hoxe, no CEIP MEstre Rodríguez Xixirei seguimos construíndo un espazo seguro e acolledor, onde tod@s teñan o seu lugar  💪🎉 .  Xunt@s podemos facer unha gran diferenza. Moitas grazas polo voso apoio! 🌟 *Actividade financiada polo Concello de Santiago, coa colaboración do CEIP Lamas de Abade

Encontro de Memoria Musical en Servisenior

 🎶✨ Emotivo e inesquecible o Encontro de Memoria Musical de hoxe na Residencia Servisenior! ✨🎶 Foi unha xornada chea de lembranzas, onde a música nos levou de volta a eses momentos tan especiais que marcan as nosas vidas. Xuntos, revivimos cancións que forman parte da memoria colectiva, espertando sorrisos, emocións e recordos en cada un dos residentes. 🎵💫 Estes encontros demostran o poder da música para conectar xeracións e para avivar o espírito. Unha tarde máxica na que as voces e as melodías se uniron para crear momentos cheos de vida e sentimento. 💖🎤 *Actividades financiadas polo Concello de Santiago, coa colaboración da Residencia Servisenior

Supercoroza na Residencia Servisenior

 🎉 Hoxe vivimos unha tarde inesquecible na Residencia Servisenior con Supercoroza! 🎶 Non hai nada máis bonito que poder compartir momentos especiais con esas persoas maiores que tanto nos ensinaron e ás que tanto lles debemos. O espectáculo Supercoroza trouxo música, teatro e moita diversión, enchendo de sorrisos e emoción a todos e todas. Estes intres son unha pequena maneira de devolverlles todo o cariño e a sabedoría que nos transmitiron ao longo dos anos. Grazas por permitirnos acompañarvos e crear xuntos novas lembranzas! ❤️👵👴 *Actividades financiadas polo Concello de Santiago, coa colaboración da Residencia Servisenior.

No CEIP Lamas de Abade, xogando para cambiar

 📚 No CEIP Lanas de Abade  tivemos a oportunidade de participar no obradoiro "Pasando a bóla, xogando para cambiar" , unha experiencia de "Role Play" que nos axuda a enfrontar unha realidade complexa: o acoso escolar. 🔄🛑 Nesta actividade, os nenos e nenas aprenderon, a través do xogo, a importancia de ser conscientes das súas accións e a empatizar cos compañeiros. 💬💡 O obxectivo é claro: fomentar unha cultura de respecto, onde todos e todas poidan sentirse seguras e valoradas. O cambio está nas nosas mans, e hoxe demos un gran paso coa colaboración de todo o alumnado! 🌍💪 *Actividade financiada polo Concello de Santiago, coa colaboración do CEIP Lamas de Abade

Xogando para cambiar no CEIPP Quiroga Palacios

"Pasando a bóla, xogando para cambiar" , unha actividade interactiva e educativa que utiliza o "Role Play" como ferramenta contra o acoso escolar. 🎭💥 Os rapaces e rapazas do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios participaron activamente en situacións simuladas onde exploraron diferentes puntos de vista, traballando en equipo para comprender mellor como os seus actos e palabras poden afectar aos demais. 🤝💡 Unha maneira lúdica e eficaz de crear conciencia sobre a importancia do respecto e a convivencia. Con xogos e dinámicas divertidas, seguimos fomentando un ambiente escolar máis xusto e inclusivo. 💫🏫 Cada participación conta para construír un futuro sen acoso! *Actividade financiada polo Concello de Santiago, coa colaboración do CEIPP Quiroga Palacios