✨ Hoxe trasladámonos ao rural compostelán, concretamente ao CSC de Laraño , onde o obradoiro CREA O TEU ANIMAL está en pleno apoxeo! 🐾🌿 A creatividade está no aire, e tanto nenas como nenos están a desfrutar ao máximo dando vida ás súas criaturas imaxinarias. Cada pincelada e cada idea transforman o espazo nun universo cheo de cores e formas únicas, onde os animais inventados cobran vida de maneiras sorprendentes. 🦋🦄 Estamos encantadas co ambiente que se vive aquí en Laraño, cheo de sorrisos, entusiasmo e moita arte! 🎨💫 *Actividade financiada polo Concello de Santiago, coa colaboración da Rede de Centros Socioculturais e a AVV A Xunlla
por A Xanela do Maxín
