📚 No CEIP Lanas de Abade tivemos a oportunidade de participar no obradoiro "Pasando a bóla, xogando para cambiar", unha experiencia de "Role Play" que nos axuda a enfrontar unha realidade complexa: o acoso escolar. 🔄🛑
Nesta actividade, os nenos e nenas aprenderon, a través do xogo, a importancia de ser conscientes das súas accións e a empatizar cos compañeiros. 💬💡 O obxectivo é claro: fomentar unha cultura de respecto, onde todos e todas poidan sentirse seguras e valoradas.
O cambio está nas nosas mans, e hoxe demos un gran paso coa colaboración de todo o alumnado! 🌍💪
