✨ No CSC de Vite xa estamos desfrutando dos fantásticos resultados das creacións das nenas e nenos que participaron no obradoiro CREA O TEU ANIMAL! 🐾🐍🦋
As súas imaxinacións non teñen límites, e cada obra é unha explosión de creatividade e orixinalidade. As pequenas artistas puxeron todo o seu talento en acción para dar vida a criaturas sorprendentes, cheas de cor e personalidade. 🎨👧🧑
Ver como transforman as súas ideas en realidade é realmente inspirador, e estamos moi orgullosos de todo o que conseguiron. Seguir cultivando a creatividade é un dos nosos obxectivos principais, e grazas a este obradoiro estamos a velo feito realidade. 💫
*Actividade financiada polo Concello de Santiago, coa colaboración da Rede de Centros Socioculturais