✨ Na Residencia Raiola San Marcos, estamos a vivir unha xornada máxica coa visita de Supercoroza!
🎶 Os seus contos cheos de maxia, as cancións populares e a súa música tradicional enchéronnos de alegría e emoción. Ademais, os seus "superpoderes" están a axudarnos a recuperar e manter viva a nosa rica tradición cultural. 🌀
Unha experiencia única que nos conecta co pasado e nos inspira para seguir desfrutando do presente. Grazas, Supercoroza, por traernos tanto valor e sorrisos! 😊
*Actividade financiada polo Concello de Santiago, coa colaboración da Residencia Raiola San Marcos